miércoles, 2 de mayo de 2012

OS NOSOS COELLIÑOS

OS NOSOS COELLIÑOS, PELUCHÍN E ORELLIÑAS ACABAN DE SER "PAPIS"!TEMOS 8 FERMOSOS COELLIÑOS. MIRADE QUE LINDOS!

martes, 24 de abril de 2012

A FADA PIPA CHEGA A SOUTELO

A FADA PIPA CHEGOU COA PRIMAVERA E VISITOU A NOSA HORTA. ATOPAMOS UN COFRE DUN TESOURO QUE AGOCHABA NO SEU INTERIOR Á NOSA AMIGUIÑA PIPA. FOI EMOCIONANTE PODER VELA, DARLLE APERTAS, BICOS E PODER FALAR CON ELA. APRENDIMOS A ESCOITALA, XA QUE SABE FALAR A LINGUA DOS PAXAROS, DAS ABELLAS... E DA NATUREZA.

miércoles, 28 de marzo de 2012

SOMOS ARTISTAS

GIUSSEPE ARCIMBOLDO É UN ARTISTA QUE NOS ENCANTA E FIXEMOS UN COLLAGE DO INVERNO CON FOLLAS DE HEDRA NATURAIS, DEBUXOS DAS FROITAS DO INVERNO (LIMÓN, LARANXA, KIWI E MAZÁ) E CON RECORTES DE REVISTAS. ESPERO QUE VOS GUSTE!

domingo, 19 de febrero de 2012

ENTROIDO

AQUÍ ESTÁN OS BAILADORES
DE SOUTELO OS MELLORES
NA NOSA AULA DECIDIMOS DISFRAZARNOS DE FESTEIROS TRADICIONAIS GALEGOS. ESCOITAMOS O CONTO DA CREACIÓN DA MUIÑEIRA  DE CHANTADA, COÑECIMOS O OFICIO DE ARRIEIRO, ZAPATEIRO E COSTUREIRA. PERSOAXES TOD@S ELES QUE AXUDARON A AVELINO CACHAFEIRO A COMPOÑER UNHA BELA MUIÑEIRA PARA NAMORAR A JOSEFA. ASÍ FOI COMO ENSAIMOS, BAILAMOS E DISFRUTAMOS O VENRES NA ESCOLA E EN SALCEDA NO DESFILE DE ENTROIDO.


domingo, 2 de octubre de 2011

XOGAMOS COS NOSOS NOMES

Na aula de Soutelos gústanos aprender xogando Con este libro interactivo poderemos xogar a construir os nosos nomes e facer crebacabezas das nosas fotos.